Un San Xoán dixitalizado

Rapazada, con isto de devir en comunicadora, e con iso de poder dicir que algo de especialidade en xornalismo audiovisual hai, aquí tedes unha mostra do que foi o San Xoán de 2016 na cidade da Coruña.

A montaxe foi grabada cun Iphone 6 (que logo cheirou todo un día a luminaria de San Xoán), con música de licenza Creative Commons e montaxe feita en Adobe Premiere Pro CS6 para o Curso de competencias tecnológicas para Community Managers da fundación UNED.

Vaia, que toda excusa é pouca para darlle vidilla a esta web. O certo é que ando liada, como podedes supoñer, entre a finalización deste curso para perfeccionar este infinito perfil de xornalista multimedia, multicanle e multithermomix, porque seica non chega con que unha soubese xuntar letras con xeito, como nos dixeran aló polos anos 2005-2009. Co remate de curso incidirei neste e noutros aspectos da profesión e quen sabe que máis a medias entre xornalismo, comunicación, difusión cultural, deporte e activismo. Atent@s ás súas pantallas.

¡Compartir es vivir!
Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on LinkedInShare on Google+

0 comments